Saturday 18 de May de 2024

Cambre esixe que Tráfico regule o cruzamento da Rocha ata que se arranxe a avaría dos semáforos


O alcalde Cambre, Manuel Rivas, esixe que de forma inmediata se regule o cruzamento da Rochacon máis medios debido ao alto risco de colisión que hai na intersección despois de que a pasada semana se producise unha vería dos sinais luminosos tras a colisión dun vehículo. Dende Fomento aseguran que levan reparando a avaría dende o pasado día 26 de febreiro, pero aínda non deron coa avaría dos semáforos, que permanecen en ámbar dende o xoves. Rivas asegura que trata dun cruzamento “de extremo risco para os condutores” e que non abonda co aviso do panel luminoso que avisan da avaría dos semáforos. “Os condutores que non se decatan do aviso e que están afeitos a cruzar en ámbar pensan que o poden facer sen ceder o paso e xa se rexistraron varios accidentes que puideron custarlle a vida a algún veciño”. Rivas cre é necesario que Tráfico regule o cruzamento ata que se solucione a avaría ou ben colocar máis sinais advertindo do risco de colisión.